O Festival Internacional Outono de Teatro, o FIOT, presentará este mércores, 11 de setembro, a programación de espectáculos e a completa oferta de actividades da súa 28ª edición, que se celebrará do 27 de setembro ao 1 de novembro.

A presentación, que contará cunha intervención artística da Aula de Teatro Municipal de Carballo, terá lugar ás 19.00 horas no Pazo da Cultura de Carballo. No acto, aberto ao público, participarán o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero; o vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira; o director da Axencia Galega de Industrias Culturais (AGADIC), Jacobo Sutil; o presidente da Fundación Luis Calvo Sanz, Luciano Calvo; e o presidente da Asociación Cultural Telón e Aparte, Alberto Sueiro.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -