Home Espazo Aberto Cultura O FIOT de Carballo, “o festival de festivais”, contará con nove estreas

O FIOT de Carballo, “o festival de festivais”, contará con nove estreas

0
O FIOT de Carballo, “o festival de festivais”, contará con nove estreas

O Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo prepárase para arrancar coa súa programación o vindeiro 27 de setembro e permanecerá ata o 1 de novembro. O foco situarase no teatro social facendo fincapé no compromiso con respecto ao movemento feminista e os dereitos das persoas mozas. Deste xeito, contarán con artistas como Quico Cadaval, Carolina Román, Lucía Miranda, Cándido Pazó, Tito Asorey, María Mestres, Montse Rodríguez Clusella… “Este é un festival de festivais”, explica o edil de Cultura, Marcos Trigo, que explica como a rúa dos contos, o teatro na rúa e a programación en sala completan unha programación que contará con nove estreas e que, unha vez máis, porá o teatro galego ao alcance de todas as persoas.

Cómpre lembrar que o ano pasado o FIOT levou o Premio da Cultura Galega 2019 Pno ámbito das artes escénidas e o Premio Galego do Ano 2018 concedido polo Padroado Fogar de Bergantiños, entre outros recoñecementos.