O Foro de Emprego 2017, que se centra na economía circular, xestionará arredor de 300 postos de traballo. O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, asistiron onte á inauguración das xornadas enmarcadas no Foro de Emprego 2017.
A concelleira @MLoisgonzalez asistiu onte á presentación das xornadas sobre a #EconomiaCircular pic.twitter.com/OTIKGjAEo7
— Nós Televisión (@NosTelevision) 12 maio 2017
A concelleira salientou a diversidade dos obradoiros que se están impartindo e que inclúen multitude de actividades formativas, de información e de intermediación laboral. Cómpre sinalar que se deron un total de 3.185 inscricións nas ofertas de máis de 1.000 persoas diferentes. Así mesmo, enviáronse 809 currículos que se axustaban ao perfil requirido polas empresas. Por outra banda, da totalidade das ofertas, 17 son para persoas con discapacidade.