O festival Espazos Sonoros 2019, que se celebrará do 1 de setembro ao 6 de outubro, aposta pola música, a arquitectura e a paisaxe para completar esta duodécima edición. Este ciclo, promovido pola Xunta, achegará a música clásica e antiga a edificacións históricas dos concellos de Baiona Carballedo, Parada de Sil, Tui, Cee, Rois, Leiro e Becerreá, a través dunha programación que inclúe de xeito complementario andainas, visitas guiadas e obradoiros.

A igrexa de Santa Liberata, a de Santo Estevo de Chouzán, o mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil, a catedral de Tui, a capela do antigo colexio-instituto da Fundación Fernando Blanco, o pazo do Faramello, a igrexa de San Miguel de Lebosende e o mosteiro de Santa María de Penamaior, son os espazos patrimoniais, civís e relixiosos nos que se poderán escoitar agrupacións galegas e internacionais de estilos e procedencias diversas, como o grupo Cantaderas, que mestura música vocal da Idade Media con outras procedentes da tradición oral e que abrirá a programación o 1 de setembro.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Xunto con Cantaderas, o Dúo Fracanapa, Michael Schöch, Mateo Arnáiz, Rosalía Gómez lasheras, L’Unisoni e Capella des Ministrers son os artistas e agrupacións que forman parte do programa musical, que se mesturan cunha xornada en Santo Estevo de Chouzán, cun obradoiro de achegamento á música antiga, cunha visita guiada polo mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil e con roldas pola paisaxe organística galega entre outras actividades.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -