Os oitocentos dezanove votos do público outorgáronlle ao Festival dos Eidos da Fundación Uxío Novoneyra o Premio do Público desta edición da feira Culturgal. Trátase de máis da metade dos 1.600 votos recibidos en total entre os tres finalistas, que eran ademais do Festival do Eidos, o ciclo pontevedrés Novos Cinemas e o Club Clavicémbalo de Lugo. A entrega do premio terá lugar o domingo 1 no Pazo da Cultura de Pontevedra ás 17:45 durante a feira Culturagal.
O Festival dos Eidos celébrase todos os agostos dende 2015 en Parada do Courel con varios días de programación cultural que xira arredor da literatura: dende recitais a concertos, dende roteiros a artes escénicas. Esta é unha das reportaxes realizadas ao Festival por Nós Televisión: