O Festival de Poesía do Condado, un referente en canto a festivais músico poéticos en Galicia, celebrará a súa edición número 33 este 31 de agosto. Como no cartaz sae o logotipo da Deputación, o Partido Popular de Pontevedra decidíu preguntarlle ao goberno en funcións pola axuda que recibirá o certame porque considera que fan “apoloxía do independentismo”. A Deputación leva anos colaborando co festival, incluídas as etapas nas que estivo presidida polo PP.

A raíz disto, a Sociedade Cultural e Deportiva do Condado denunciou nas redes sociais esta censura do PP.

- Publicidade -