A Plataforma Feminista Galega, que conta co apoio do Concello de Santiago, reclama 120 millóns de euros ao goberno central para loitar contra a violencia machista. O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e varios concelleiros e concelleiras da corporación sumáronse esta mañá á convocatoria estatal e acudiron á Praza do Obradoiro para escoitar á portavoz da Plataforma, Paula Ríos.
“a violencia machista se convertiu nunha cuestión de Estado que afecta á metade da poboación e é causa estrutural da desigualdade entre homes e mulleres”
Esta plataforma rexistrou unha moción no Concello para a súa aprobación no vindeiro Pleno.