Home Espazo Aberto Feminismos O feminismo galego convoca mobilizacións en todo o país polo feminicidio de Lugo

O feminismo galego convoca mobilizacións en todo o país polo feminicidio de Lugo

0
O feminismo galego convoca mobilizacións en todo o país polo feminicidio de Lugo

A Marcha Mundial das Mulleres (MMM), xunto os feminismos autónomos das diferentes localidades galegas, convocan este luns múltiples concentracións en repulsa do feminicidio ocorrido na noite do pasado venres nas Gándaras, Lugo. O home detido polo seu asasinato pasará mañá, martes, a disposición xudicial.

Trátase do segundo feminicidio que se produce en Galicia este 2020. Se temos en contra a estatística oficial, que se puxo en marcha no 2003 e só contabiliza ás asasinadas polas súas (ex)parellas, este crime subiría a 63 os feminicidios en Galicia. Para saber das mobilizacións podes acceder ao perfil da Marcha Mundial das Mulleres: