Home Espazo Aberto Feminismos O feminismo galego berra en todo o país: ‘Verín non pecha’

O feminismo galego berra en todo o país: ‘Verín non pecha’

1
O feminismo galego berra en todo o país: ‘Verín non pecha’

‘Verín non pecha’ ou ‘As do rural queremos parir no noso hospital’ foron algúns dos lemas que se fixeron notar nas 14 mobilizacións que convocaron no país os feminismos galegos en sororidade coas mulleres de Verín.

O acordo sobre a necesidade de manter aberto o servizo de paritorio e as urxencias pediátricas no Hospital de Verín é unánime entre os partidos políticos da comarca e entre todos os grupos da oposición a nivel nacional.

Nas rúas, as mulleres demostraron ter forza e acordo suficientes para soster este loita que reivindica os dereitos das mulleres e as crianzas, especialmente das que habitan nas zonas rurais do país.

Fotografías da Marcha Mundial das Mulleres de Galiza