Tras a recente dimisión de Milagros Otero, María Dolores Fernández Galiño foi nomeada esta mañá nova Valedora do Pobo. O acto tivo lugar no Parlamento de Galicia e contou coa presenza de numerosos representantes políticos do PP e do PSdeG que favoreceron a elección de Fernández Galiño.

- Publicidade -

https://vimeo.com/351616188

A nova Valedora do Pobo destacou durante o seu discurso o feminismo e comprometeuse a “loitar contra todas as formas de acoso, maltrato e escravitude” ademais de “combater a corrupción e coidar o medioambiente”.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego