A proposta da ultradereita para a investidura do Presidente de Andalucía ten varios puntos controvertidos, como a “Lei de protección da tauromaquia e a actividade cinexética” ou a de “Control do fundamentalismo islámico”, pero sen dúbida do que máis se está a falar e da súa visión “feminista”.
Finalmente, a ultradereita impuxo parte do seu programa electoral no primeiro goberno de coalición entre PP e Ciudadanos en Andalucía. Con especial preocupación se ve desde o movemento feminista a introducción das consignas políticas e da retórica extremista contra as mulleres, a defensa do modelo tradicional da familia como eixo da sociedade ou o cuestionamento do dereito ao aborto. A isto acompáñano varios parágrafos que demandan máis control á hora de outorgar a condición de vítima de violencia machista, a supresión do “adoctrinamento sobre perspectiva de xénero” e da lei que garatiza a non discriminación das persoas LGTBI. Unha longa listaxe.
Conversamos con Paula Ríos, integrante da Plataforma Feminista Galega
A resposta foi inmediata, colectivos femnistas de todo o estado comezaron a movilizarse a principios de ano contra unha clara extrema dereita que comeza a gañar poder a pasos axigantados. En palabras de Paula Ríos, da Plataforma Feminista Galega, “é un paso atrás que non nos podemos permitir”