O triplo asasinato de mulleres ocorrido este ano en Valga volveu emerxer a reivindicación dunha nova forma de contabilizar os asasinatos machistas. Académicas e activistas sociais vinculan este novo camiño a percorrer coa inclusión do termo feminicidio que, entre outras, visibiliza na súa propia raíz o exterminio das mulleres a mans do patriarcado.

O feminicidio non é unha lacra social senón un problema estrutural. O feminicidio é todo asasinato cometido en contra dunha muller que se puido ter evitado, un concepto que no mundo académico xerou a antropóloga Marcela Lagarde. En Galiza, unha das figuras máis representativas na loita polo recoñecemento do feminicidio é Carme Adán, autora de ‘Feminicidio. Unha nova orde patriarcal en tempos de submisión“.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Na práctica, tradúcese en centos de casos de violencia machista que fican fóra do recoñecemento institucional. Hai pouco máis de dous meses, un home matou a tiros á súa exparella, á súa exsogra e á súa excuñada na parroquia de Cordeiro, en Valga. Delas, só foi considerada vítima de violencia machista á muller que mantivera unha relación sentimental co seu asasino. Isto non só invisibiliza boa parte dos crimes machistas que están acontecendo senón que promove a desprotección institucional e a impunidade social destas agresións. Dende a plataforma Feminicidio.net contabilizan 93 feminicidios e asasinatos de mulleres no estado español no que vai de ano mentres que o goberno español recoñece oficialmente 51 crimes machistas.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -