Home Programas Espazo Aberto O FalaRedes 2017 ábrese coa obra A galiña azul de Carlos Casares

O FalaRedes 2017 ábrese coa obra A galiña azul de Carlos Casares

0

A sexta edición do programa de dinamización lingüística FalaRedes da Secretaría Xeral de Política Lingüística comeza este ano homenaxeando ao escritor Carlos Casares. A iniciativa que leva aos concellos da Rede de Dinamización Lingüística novas propostas para gozar do tempo de lecer en galego contará este ano coa adaptación teatral do libro “A galiña azul”.

[vc_video link=”https://youtu.be/h8QYOL-9bCE”]

A dramaturga Ana Carreira foi a encargada da adaptación do teatral do libro de relatos homónimo escrito por Casares destinada a público de 6 a 10 anos e ás súas familias.

A Editorial Galaxia xestionará a actividade

A Editorial Galaxia será a encargada de xestionar esta actividade que chegará esta primavera a 21 concellos. O seu director, Francisco Castro, salientou a importancia de Carlos Casares e a coincidencia de presentarse esta iniciativa no aniversario do seu pasamento.

“Facer de Carlos Casares un xigante da literatura”