
Ducias de universitarios e universitarias concentráronse esta mañá ás portas do Pazo de Fonseca e lograron burlar a seguridade para “invadir” o edificio ao berro de “Fóra machismo da USC”.
O estudantado "toma" o reitorado da USC pedindo a expulsión de Luciano Méndez
Publicada por Nós Televisión en Lunes, 14 de mayo de 2018
A estudante universitaria Míriam Barreiro, actuou esta mañá como voceira da Asemblea Aberta de Mulleres, organización convocante da mobilización.
Juan Viaño, Reitor en función da Universidade, pediu esta mañá “respecto” ao procedemento interno aberto e, malia non ofrecer demasiadas explicacións, si quixo amosar a súa preocupación pola problemática.