O estudantado galego toma as rúas por un ensino feminista e democrático

Milleiros de estudantes ateigaron Compostela, Lugo, Vigo, A Coruña e unha ducia máis de localidades do país para reivindicar “un ensino feminista e democrático”

O estudantado galego está a demostrar que non quere ser submiso. Hoxe varias cidades galegas, entre elas Compostela, foron escenario de manifestacións e asembleas que buscar denunciar a actual situación no sector do ensino galego. Entre berros de “Feixóo, escoita, o ensino está en loita” reivindicábanse temas como “fóra relixión da nosa educación” ou “queremos becas e non hipotecas”. As manifestacións de hoxe xurdiron logo do 8M para defender un “ensino feminista e democrático”.

A convocatoria de folga lanzouse dende as asembleas de mulleres estudantes, a modo de continuación dasdemandas estudantís do 8M que non foron satisfeitas

Xornada de folga estudantil en varias cidades galegas

Nas reivindicacións tamén figuraba democratización das institucións educativas e a derogación da Lomce así como melloras en varios dos servizos que agora mesmo contan con importantes recortes.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

En Compostela a manifestación rematou nunha asemblea para decidir os pasos a seguir a partir de agora logo que houbera outra folga o pasado 14 de marzo e a de hoxe tivera moita repercusión nas aulas.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -