Beiras volveu hoxe a que foi a súa facultade para participar nunha conversa organizada pola Asemblea Nacional de Estudantes Galegos (ANEGA). A profesora de Economía Aplicada, Rosa María Regueiro, foi a encargada de dar pé a unha conversa na que o histórico lider político repasou a súa traxectoria docente desde os inicios así como tamén os seus inicios como estudante. Ademais, a conversa foi gravada e formará parte do documental que se está a realizar sobre a súa figura
“O estudantado divertíase moito comigo pero non sei se aprendían algo”
Beiras volveu a Facultade de Económicas para conversar co estudantado do centro e revivir a súa traxectoria docente