O programa FalaRedes rematará este ano no Auditorio de Galiza co espectáculo “Tic Tac Toc de Pablo Díaz. O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, presentou esta actividade acompañado polo secretarío Xeral de Política Lingüística, Valentín García, e os músicos Pablo Díaz e Olga Kirk.
Entradas de balde
Pablo Díaz e Tic Tac Toc chegará o sábado 20 de maio ao Auditorio de Galicia, ás 18:30 horas. As entradas para asistir ao concerto son de balde, pero é preciso retirar previamente a invitación na billeteira do Teatro Principal. O límite máximo de pases por persoa será de catro.