O Espazo Veciñal de Sar pretende revitalizar o barrio, que está diminuíndo dende hai tempo debido a que os comercios están pechando. A asociación veciñal quere organizar un verán alternativo no barrio para que a xente se acerque e a primeira iniciativa é o “Sar Xoán”, día no que os comercios e bares sairán ás rúas. Ese día haberá música e teatro, e á noite sardiñada e, por suposto, cacharelas.
“Queremos involucrar ao comercio e aos veciños do barrio, temos que todos saian á rúa”, di Lois Mouriño, comerciante e veciño do barrio. Por outra parte Brais González, do Espazo Veciñal de Sar, explica que esta festa é un chamamento á xente do barrio pero tamén a todos os veciños de Santiago para revivir as rúas do barrio.