O escultor ‘Francés’ expón en Compostela unha mostra en homenaxe á muller e a cultura xaponesa

A Casa do Cabido é, dende este xoves, o escenario da exposición 'Compostelaneando a miña fauna'

A Casa do Cabido acolle, dende este xoves, a exposición Compostelaneando a miña fauna. Muller, Xapón, Cacto…, unha obra do escultor José Francisco López Noya ‘Francés’. A mostra componse de 51 esculturas realizadas nos últimos meses polo artista, e abranguen temáticas como a cultura xaponesa —moi influínte no autor—, a natureza ou unha homenaxe á muller.

A muller, figura central da exposición

Esta mostra susténtase sobre dúas partes ben diferenciadas. A primeira delas baséase na figura da muller, con pezas que critican as actitudes machistas da sociedade actual. Por outra banda, ‘Francés’ reflicte os aspectos máis salientábeis da actividade cultural de Xapón.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Horarios

A exposición permanecerá na Casa do Cabido ata mediados do vindeiro mes de setembro. Poderá visitarse de martes a sábado de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas, e os domingos de 11:00 a 14:00 horas. Cómpre lembrar que a Casa do Cabido fica os luns pechada ao público.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -