Home Programas Área Compostela O entorno da Igrexa de San Francisco será peonil

O entorno da Igrexa de San Francisco será peonil

0
O entorno da Igrexa de San Francisco será peonil
Nova planificación presentada hoxe polo goberno local

Jorge Duarte e Xan Duro anunciaron hoxe no Pazo de Raxoi que o vindeiro luns 10 de Xullo ficará cortada ao tráfico a avenida Xoán XXIII no tramo comprendido entre o Burgo das Nacións e a confluencia coa rúa Entrerríos. O obxectivo é destinar ao tránstito peonil o contorno da Igrexa de San Francisco, como informou Jorge Duarte.

Unha medida provisional

Desde Raxoi tamén advirten que é unha medida provisional e que se aplicará ata principios de setembro. Trátase, en todo caso, dunha nova aposta por devolver os espazos públicos á cidadanía” e pacificar o tráfico nunha rúa especialmente afectada por un tráfico masivo

Jorge Duarte explicou que nas últimas seis semanas estívose realizando unha medición de tráfico na zona, e comprobouse que por San Francisco circula unha media de 4.500 vehículos diarios nas xornadas laborais en sentido de subida cara Xoan 23, e 4.000 en sentido de baixada.