A Cig-Ensino denuncia que, sen negociación previa e por sorpresa, a Consellería de educación peche varios centros educativos galegos. Esta acción foi levada a cabo coa ocultación de información ao profesorado afectado e ás familias dos centros.

Esta mesma mañá conversamos con Diego Boquete, membro da Executiva Nacional da Cig-Ensino, sindicato maioritario no sector.
Desde a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público manifestan a súa absoluta indignación ante esta situación.
A Xunta está comunicando telefonicamente o peche de centros de ensino
Contra o peche de centros educativos
Este vindeiro xoves 28 terá lugar unha concentración diante da Consellaría de Educación ás 11:00h contra o peche de centros de ensino
Os centros afectados son principalmente o CEIP Emilio Navasqüés en Outes e o CPI Monte Caxado de As Pontes. Así mesmo, outros centros afectados son o CPI Tomás de Lemos de Ribadavia, no cal se elimina a oferta educativa da ESO; o IES de Celanova, no que se suprimen dez postos docentes e o CPI da Ribeira, no que se impón o traslado das ensinanzas da ESO.

E a Xunta…
“Todo é unha mentira”. O Conselleiro de Educación, Román Rodríguez rexeitou hoxe as críticas efectuadas pola comunidade educativa.
O Conselleiro xustifica o peche de centros de ensino como unha necesidade para “manter o 100% das aulas“ a través de fusións de centros e traslado de unidades. En todo caso, Román Rodríguez clarifica que a “fusión” de centros provocará unha “mellora na calidade dos servizos”