O enfado de Concha Fernández polas críticas do PP: “Claro que facemos política, a que antes non se facía”

O Partido Popular acusou ao goberno municipal de "facer política" coas persoas sen teito na cidade e esta foi a primeira reacción da edil Concha Fernández

O grupo do PP de Santiago denunciou este pasado mércores que o Concello de Santiago facía propaganda e destinaba os recursos públicos “sen ton nin son” en políticas ineficaces para a atención das persoas sen fogar. Nomeadamente, o Partido Popular pedía que a edil Concha Fernández deixara de “facer política coas persoas sen fogar” e acusaba a Compostela Aberta de actuar sen  “delicadeza, pudor e cariño”

E, nun claro enfado, a edil implicada achegou hoxe a súa resposta. “Claro que facemos política, facemos políticas que estaban sen facer” resaltou esta mañá no Pazo de Raxoi a propia Concha Fernández.

Fernández quixo resaltar a “herdanza” do goberno local anterior do PP, nula ao seu ver en políticas destinada ás persoas sen fogar. “A única herdanza que recibín do goberno anterior dicía que tiñamos que facer políticas públicas e iso foi o que fixemos, política” sentenzou a edil de servizos sociais da cidade.

- Publicidade -