Home Programas Espazo Aberto O embaixador británico confía que o Brexit non afecte ás galegas e galegos emigrados

O embaixador británico confía que o Brexit non afecte ás galegas e galegos emigrados

0
O embaixador británico confía que o Brexit non afecte ás galegas e galegos emigrados

Simon Manley, actual embaixador británico no Estado español, visitou o concello de Santiago e nunhas declaracións aos medios de comunicación asegurou que os galegos e galegas que na actualidade traballan no seu país non deberían temerlle ao Brexit.

Estamos moi orgullosos da contribución das e dos galegos na nosa economía

Manley expresou o seu desexo de que o proceso que vive o Reino Unido de afastamento da Unión Europea ten que garantir os dereitos dos británicos e británicas que viven fóra, e tamén dos moitos galegos e galegas que viven no Reino Unido.