O Eixo Atlántico debatiu na Coruña sobre o futuro das cidades logo da crise

Alcaldes da Coruña, Barcelona, O Barco de Valdeorras, Braga, Guimarães e Plasencia explicaron as súa propostas en políticas urbanas

Compartir experiencias enriquece. Esta foi a premisa do foro “Novas políticas urbanas” que tivo lugar na sede da Fundación da Coruña e no que participaron os alcaldes da Coruña, Barcelona, O Barco de Valdeorras, Braga, Guimarães e Plasencia. O moderador da xornada foi o secretario xeral del Eixo, Xoán Vázquez Mao, e nela abrollaron aspectos tan de actualidade como o turismo ou a sostenibilidade.

Cidades conectadas

“Necesitamos que as ciudades estean conectadas porque nos vai o futuro nelo”, asegurou Ada Colau, alcaldesa de Barcelona. Xulio Ferreiro, alcalde da Coruña coincidiu que o desafío é “facer sostibles hacer sostenibles as nosas cidades no futuro” e defendeu uns ingresos mínimos de renda para a cidadanía. Polo seu lado o alcalde do Barco de Valdeorras, Alfredo García, apostou pola recuperación da vida nas cidades “aprendendo a vivir sen coches”. Ricardo Rio, alcalde de Braga, fixo un chamamento pola reorganización na distribución de recursos e Fernando Pizarro, alcalde de Plasencia, explicou a valorización que no seu municipio fan do turismo sostible e a enerxía renovable.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

O foro celebrado na Coruña constitúe a posta en marcha efectiva da axenda urbana que xa foi entregada na Comisión Europea, e que agora inicia o seu despegue co presentación do plan de acción diante das cidades integradas no Eixo e a cidadanía.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -