A partir das 21.00 horas, proxectarase o documental 12 leiras no café Melandrainas de Arteixo. O obxetivo da ’12 leiras’, onde afondan nas expropiacións que deorn paso ao polígono industrial de Sabón, provén da necesidade de “deixar constancia do sufrimento vivido por ducias de persoas que foron mártires dos chamados ‘Polos de Desarrollo Industrial’”, segundo indican os seus creadores Xosé Bocixa e Xavier Maceiras.

“Non debemos esquecer nunca o sacrificio daquelas expropiacións das que pouco ou nada se falou e, por tal motivo, pensamos que a súa lembranza debe manterse viva a través dos anos, para que se medite do que é e foi o progreso”, destacan. Así, o documental dá voz ás labregas que nunca se beneficiarían da posterior chegada da industria. Ningunha delas foi contratada polo feito de ter sufrido a expropiación das súas casas e as súas terras.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

 

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -