O documental 12 leiras recupera a memoria popular de Sabón previa á construción do polígono industrial grazas ao traballo de Xabier Maceiras e Xosé Bocixa. Esta peza audiovisual atópase viaxando polo país, construíndo memoria colectiva, e dentro desa andaina chegará este venres, 24 de xaneiro, ao concello de Carral.

O filme proxectarase ás 20.30 horas na Casa da Cultura de Carral dentro do ‘Ciclo de películas documentais galegas’ que organiza o concello. Despois da proxección, haberá un faladoiro con Xabier Maceiras.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -