“O dereito e os animais”, xornada de concienciación

A Fundación Franz Webber organiza xornadas de concienciación sobre os dereitos do animais, a importancia de coñecer a lexislación e de espallar a información

A Fundación Franz Webber loita polos dereitos e a protección dos animais e do medio ambiente, así como en organizar charlas de formación a diferentes niveis. Falamos con Irene Torres, asesora xúrídica da Fundación, aproveitando a xornada “O Dereito e os Animais” que organizaron na USC.

Torres fálanos sobre a importancia de  concienciar sobre o maltrato animal, sobre todo tendo en conta que “a lei actual só protexe aos animais de compañía“, e exclúense, por exemplo, cabalos e touros. “O problema é que normalmente considérase maltrato animal soamente o maltrato físico, pero a nova lei xa establece que tamén é psicolóxico“, engade.

A falta de concienciacón é en moitos casos responsable do maltrato ou de que saia impune, como explica Torres”coas normas actuais si se pode actuar, o problema e a falta de sensibilade de moitas persoas que consideran os animais como obxectos“. Sendo ademais o apoio popular de actividades como o “campionato” da caza do raposo ou as touradas, a administración debería tomar cartas no asunto. Como comenta Torres, “as xornadas continuan polos subsidios“.

 

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego