O deputado no Parlamento Galego esixiu na mañá de onte que o PSOE cumpra co seu “compromiso coa retirada de Ence-Elnosa da Ría de Pontevedra que adquiriu no pasado, cando era aínda unha forza da oposición”. Deste xeito, o deputado de En Marea considera necesario que o executivo de Pedro Sánchez aproveite a “excelente oportunidade” para a paralización da actividade da planta que se abre neste momento; pois o 29 de xullo finaliza a súa concesión.
O deputado Marcos Cal pídelle ao novo goberno central a retirada de Ence da ría de Pontevedra
A prórroga concedida polo PP foi, tal e como lembrou hoxe o deptuado, irregular e esta circunstancia permitiría paralizar a actividade de ENCE