Home Programas Espazo Aberto O debate de Podemos chega a Galiza

O debate de Podemos chega a Galiza

0

A Facultade de Dereito da USC acolleu o debate entre as tres correntes de Podemos e a súa representación en Galiza. En Compostela xuntáronse Rita Maestre, portavoz do Concello de Madrid e número dous da lista Recuperar la Ilusión que encabeza Íñigo Errejón, Ramón Espinar, líder do partido na Comunidade de Madrid e do grupo de Pablo Iglesias (Podemos para todas); e Diego Pacheco, número tres da candidatura das e dos anticapitalistas (Podemos en Movimiento).

A orzanización interna de Podemos, a debate

Tamén estiveron presentes no debate representantes galegos das tres candidaturas; Marlene Pérez de Podemos para todas, Ángela Rodríguez de Recuperar la ilusión e, finalmente, Paula Quinteiro, de Podemos en Movimiento. As cámaras de Nós Televisión asistiron a este debate no que se deron a coñecer as principais propostas de cada candidatura para o importante congreso de Vistalegre que terá lugar este fin de semana.

vlcsnap-2017-02-09-17h43m18s008Pola súa banda. a secretaria xeral de Podemos Galicia, Carmen Santos, salientou que este tipo de encontros son constructivos e amosouse satisfeita de que se realicen para confrontar as diferentes candidaturas que se presentan ao Consejo Ciudadano Estatal nesta Asemblea Cidadá de Podemos.