O despido de trece xornalistas non é o único que está a afrontar o xornalismo na provincia de Lugo, xa que anteriormente tamén se pecharon as emisoras Radio A Mariña e Radio Faro.
Ante a precarización do xornalismo nesta provincia, Xaime Leiro, do Colexio Oficial de Xornalistas de Galicia, explica que ademais de saír prexudicados os propios traballadores, isto tamén afecta á calidade informativa. Leiro di que as empresas deben ser conscientes de que a precarización tamén lles afecta a elas porque a precarización tamén vai en contra das propias cabeceiras informativas.
Dende o Colexio Oficial de Xornalistas de Galicia fan un chamamento ás empresas informativas e ás administracións públicas para evitar o derrubamento do xornalismo na provincia de Lugo.