Presentación pública da nova edición do circuito de carreiras populares CorreSan 2016. Esta edición contará con catro probas que comezarán coa de Angrois (30 de xullo) para continuar despois coa carreira noctura (3 de setembro), a carreira popular polo Pedroso (18 de setembro) e, finalmente, coa San Silvestre (31 de decembro).
A principal novidade deste ano será unha proba entre os parques da cidade que terá lugar o 15 de outubro.