O Tribunal Constitucional desestima os recursos contra o arquivo da investigación da morte do cámara José Couso en 2003 en Bagdad durante a guerra de Iraq no que estaban procesados tres militares estadounidenses. Deste xeito, rexeita os recursos presentados pola familia de José Couso e a Asociación Libre de Abogados (ALA) contra a decisión do Tribunal Supremo, que xa confirmara en 2016 o peche da causa acordada pola Audiencia Nacional.

Este paso xudicial débese, en boa parte, á reforma da xustiza universal do Goberno de Mariano Rajoy que fixou que os tribunais españois só poden perseguir aos presuntos responsables de delitos contra persoas e bens protexidos en caso de conflito armado cometido fóra do territorio español cando o procedemento vaia en contra dunha persoa con residencia ou nacionalidade española. Ao tratarse de tres militares estadounidenses, estas circunstancias non se dan no caso Couso, pese que o xuíz da Audiencia Nacional Santiago Pedraz os identificase como os militares que ían no carro de combate que disparou contra o Palestina.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -