O alcalde, Martiño Noriega, presidiu a Comisión executiva do Consorcio de Santiago na que se avanzaron os orzamentos de cara ó ano 2018.
O Consorcio de Santiago será o organismo encargado de financiar o cambio de denominación do aeroporto compostelá de Lavacolla ao de Lavacolla-Rosalía de Castro. A aportación para este fin, centrado na substitución e adaptación de toda a sinaléctica, será duns 50.000 euros. E agárdase que este cambio comece a facerse efectivo a comezos do vindeiro ano.
Hai unha posición clara de converter o Museo do Pobo no museo do País
A entidade contará con nove millóns de euros para levar a cabo diferentes actuacións na cidade, entre as que tamén cómpre salientar a ampliación e mellora das instalacións do Museo do Pobo Galego.
Outros acordos
Entre outras actuacións que se propoñen para 2018, están as intervencións nas igrexas de San Frutuoso e Santas Mariñas e a continuación das obras no Auditorio de Galicia.