O Consello da Cultura Galega e a Fundação da Casa de Mateus “repensan Iberia”

As entidades galega e portuguesa publican un volume no que se reflexiona sobre a realidade social, cultural e política da Península Ibérica

‘Repensar Ibéria: Uma reflexâo sobre a Europa: Testemunhos de um encontro’, é a publicación en común do Consello da Cultura Galega e a Fundação da Casa de Mateus. Trátase dun estudo sobre a posición da Península Ibérica en relación ao continente e da presencia que pode ter no futuro.

Ramón Villares explica que Galicia e Portugal non poden ser o mesmo, pero que si que poden ser máis eficaces. “Iberia para ser repensada ten que ser pensada non só en termos peninsulares, senón tamén en termos Europeos e Iberoamericanos”, explica Villares.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego