Home Programas Área Compostela O Concurso de Publicidade Comercial en Galego promove o uso da nosa lingua no comercio local

O Concurso de Publicidade Comercial en Galego promove o uso da nosa lingua no comercio local

0
O Concurso de Publicidade Comercial en Galego promove o uso da nosa lingua no comercio local
SONY DSC

A quinta edición do Concurso de Publicidade Comercial en Galego promove o uso da nosa lingua no comercio local. A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, presentou esta mañá o certame, que pretende ser un incentivo para a galeguización da comunicación entre as empresas.

O galego, unha lingua útil para a comunicación comercial

Lucía Castro, técnica municipal de comercio, salientou o potencial que pode ter o galego no ámbito da comunicación.

O prazo para presentar os proxectos ao concurso remata o 30 de xuño. Os proxectos poden deseñarse para calquera formato e soporte, con liberdade creativa. Os dous premios aos que se poden optar contan cunha contía de 5.000 euros.