Home Programas Área Compostela O Concello venderá unha parcela en Romero Donallo para investir en patrimonio

O Concello venderá unha parcela en Romero Donallo para investir en patrimonio

0
O Concello venderá unha parcela en Romero Donallo para investir en patrimonio

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, anunciou na rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno, que o concello venderá unha parcela denominada Quinteiro 2 situada en Romero Donallo por un prezo de saída de algo máis de tres millóns de euros.

O alcalde sinalou que os ingresos desta venda destinaríanse, por lei, a mellorar o propio patrimonio do concello.

Outros asuntos

Na mesma rolda de prensa Martiño Noriega informou da ampliación de horario de peche nunha hora durante as festas da Semana Santa e a Ascensión 2017 para os establecementos hostaleiros asociados.