O Teatro Principal de Santiago vivirá o vindeiro 23 de outubro o encontro musical e cultural da lusofonía que representan Narf e Timbila Muzimba. A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, presentou o espectáculo de irmandade entre Galiza e Moçambique xunto a Celso Eduardo Mahuaie, Cheny Wa Gune e Tinoca Zimba, tres dos integrantes de Timbila Muzimba e ao guitarrista Marcos Teira que falou en representación de Narf.
Timbila Muzimba é un colectivo mozambicano de músicos e bailaríns fundado en 1997 en Maputo. As súa música é unha aposta por preservar a identidade cultural da etnia Machopi, á que pertencen.
Marcos Teira comentou que o que veremos no Teatro Principal é a segunda parte do proxecto de Narf en Moçambique. Compoñentes de Timbila Muzimba alabaron o traballo de Narf, parabenizaronse de poder dar a coñecer o traballo que realizan ao pobo galego e sinalaron a importancia das relacións entre África e Europa, Moçambique e Galiza.