A concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, asinou esta mañá catro novos convenios con entidades sociais da cidade por un importe total de 157.000 euros. Estes acordos son, para a edil, fundamentais para a cidade.
O convenio de maior contía foi o de Cáritas por un valor de 100 mil euros. O acordo co proxecto Home recibirá 45 mil euros.
O Concello de Santiago asinou esta mañá catro novos convenios con entidades sociais da cidade https://t.co/VasJVAQH5W pic.twitter.com/a34Zt5X95E
— Nós Televisión (@NosTelevision) 10 outubro 2016
A Asemblea de Cooperación pola Paz, outra das entidades asinantes terá unha achega de 10.000 euros do Concello e Sarela recibirá 2.000 euros.
Estes novos convenios súmanse aos asinados pola concellería de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde con outras entidades recentemente no Pazo de Raxoi.