O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, remitiulle unha carta o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Nuñez Feijoo, para facer un balance da relación institucional e facer un repaso dos proxectos que xa están en marcha, así como o plantexamento de novas propostas para a cidade. O último encontro con Nuñez Feijoo fora en Marzo de 2017.
Compostela esixe diálogo e colaboración institucional
Desbloquear a nova depuradora na Silvouta
O alcalde salientou a súa intención de informar persoalmente ao presidente da Xunta da nova situación da Depuradora. Tralo recente desbloqueo da ubicación por parte do Goberno Central, Noriega confía agora que Feijóo garanta o seu “compromiso” á hora de “solventar un un problema histórico” na cidade
Outros temas pendentes
Entre as novas propostas o alcalde referiuse á Cidade da Raqueta na contorna de San Lázaro, o ofrecemento duns terreos anexos ao Hospital Clínico para a construcción dun novo parking que solucione os problemas de aparcamento do CHUS ou a futura residencia de maiores de Fontiñas.
O alcalde tamén quiso salientar os pasos dados para desbloquear cuestións como a construcción da Intermodal, a conexión coa AP9, a construcción da variante de Aradas ou o enlace orbital.