O Concello segue sumando sentenzas contrarias de anteriores gobernos

Unha comunidade de propietarios reclamou por pagar gastos de urbanización por valor de 46.418 euros que, logo da sentenza, terá que aboar o Concello máis os intereses.

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, informou na rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno que o Concello vén de recibir outra sentenza contraria, neste caso por actuacións realizadas no ano 2013 que foron denunciadas por unha Comunidade de Propietarios da rúa Queimada.

Esta sentenza desfavorable súmase ás que se recibiron nos últimos meses e que en total suman máis de 3 millóns de euros. Tamén relacionada con actuacións de gobernos anteriores, en concreto da época en que era alcalde Xosé Sánchez Bugallo, é o apercibimento ao propio alcalde para que cumpra a sentenza que pesa sobre o hotel compostelán Quinta da Auga.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

O alcalde insistiu en non querer “entrar” no tema da “herdanza recibida” mais sinalou a “dificultade” de xestionar unha institución na que entran cada semana sentenzas ás que ten que facer fronte o Concello e que “poñen en perigo a viabilidade da propia institución”.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -