Solucionar a problemática das persoas sen fogar segue a ser unha das prioridades do concello de Santiago. A concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, a compañada pola psiquiatra Lucía del Rio, presentou a terceira xornada sobre este tema na que participarán expertos de toda a península para afondar nas novas maneiras de tratar esta problemática. Terá lugar o 29 de novembro no Salón de Actos da Facultade de Filosofía de Compostela.
“A forma de atender ás persoas sen teido mudou”, explicou na rolda Lucía del Rió, “os grandes albergues están desaparecendo”. En relación ao traballo que desenvolveu o concello estes anos a concelleira de Políticas Sociais insistiu que os municipios traballan dentros das súas competencias “e nós non as temos en vivenda social”.
Desde os concellos: o cativo marco competencial
Concha Fernández anunciou que nesa xornada se presentará o Plan Municipal de Atención Integral ás Persoas en Situación de Senfogarismo, liderado por Miguel Vieito e inspirado polas estratexias que están a seguir en Euskadi, unha das zonas onde se ten adiantado moito nesta temática.