Este mércores houbo unha xuntanza entre o Concello de Santiago, a Dirección Xeral de Catastro e FERUSA (Asociacións de Veciños do Rural de Santiago) para trasladar as dúbidas e queixas sobre o proceso de regularización catastral posto en marcha polo Ministerio de Facenda. A concelleira de economía e facenda de Santiago, María Rozas, trasladou pouco despois, en rolda de prensa, os resultados desa xuntanza.
Desde Catastro aceptan poñer facilidades na presentación de alegacións
O Concello trasládalle á Xerencia do Catastro as queixas da veciñanza https://t.co/8E09F5RDWJ @maria_rzs explicou o resultado desta reunión pic.twitter.com/SAnV1mHQ1i
— Nós Televisión (@NosTelevision) 05 abril 2017