O concelleiro de Medio Rural e Equilibrio Territorial deu conta hoxe da finalización das obras de Escarabuña e Pedreira, financiadas con cargo ao Plan de Obras e Servizos (POS 2015) da Deputación da Coruña.
Rafael Peña explicou que nas próximas semanas se empezará a traballar noutras actuacións financiadas con cargo a remanentes municipais. A Xunta de Goberno adxudicou os traballos de reparación do firme do viario de servizo da avenida do Cruceiro da Coruña (marxe oeste), por un importe de preto de 150.000 euros, e a mellora do pavimento no viario de Reboredo a Lavacolla, por 112.000 euros.
O edil de Medio Rural e Equilibrio Territorial tamén informou de que está previsto que esta semana queden adxudicadas as obras de mellora das rúas Picaños, Santas Mariñas e A Estrada, ás que se destinarán algo máis de 370.000 euros.