O CEIP López Ferreiro conta xa cunha área de xogos infantil remodelada grazas a unha actuación posta en marcha polo Concello dentro do Plan de Mantemento dos centros escolares, que este ano ascende a 460.000 euros.
O director do CEIP López Ferreiro recoñece que as obras realizadas supoñen un "paso adiante moi importante" https://t.co/8fyu5Lucip pic.twitter.com/LTpaEyGUb0
— Nós Televisión (@NosTelevision) 13 marzo 2017
A obra tivo un importe de 12.000 euros e permitiu arranxar deficiencias estruturais do parque e mudar o chan do mesmo para que drene mellor a auga da chuvia e sexa máis cómodo para os cativos e cativas.
A obra tivo un importe de 12.000€ e permitiu arranxar deficiencias estruturais tal e como explicou @ManuelDiosDiz https://t.co/8fyu5Lucip pic.twitter.com/JpV7BZlF0K
— Nós Televisión (@NosTelevision) 13 marzo 2017
Está previsto reformar a curto e medio prazo todos os parques infantís dos colexios públicos de Santiago, traballos que se realizarán priorizando aqueles máis deteriorados.