Home Programas Área Compostela O Concello recuperará as parcelas de Brandía para reiniciar o proceso na Quinta da Auga

O Concello recuperará as parcelas de Brandía para reiniciar o proceso na Quinta da Auga

0

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, anunciou na rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno que a mesma aprobou revocar o acordo que autorizaba á restitución en metálico da parcela edificada por LORIGAT, S.L. coa intención de solucionar o proceso que demandaba o derrube de parte do edificio do complexo hostaleiro A Quinta da Auga.

O alcalde agarda que con esta decisión quede resolto o problema que se deriva dunha sentencia do 2010 que anulaba o convenio da época de Xosé Sánchez Bugallo como alcalde.
 

Na mesma rolda de prensa o alcalde anunciou que se adxudicou o contrato para a instalación dunha área infantil de xogos no barrio de Meixonfrío.