Home Programas Área Compostela O Concello recibe ao viceconselleiro vasco de Cultura

O Concello recibe ao viceconselleiro vasco de Cultura

0
O Concello recibe ao viceconselleiro vasco de Cultura

O Concello de Santiago contou este martes cun convidado especial: o viceconselleiro de Cultura do Goberno Vasco, Joxean Muñoz. O político do PNV participou no segundo Encontro Aberto co Sector Cultural organizado pola concellería de Acción Cultural, que se celebrou no Auditorio de Galicia e tivo como tema central as industrias culturais. Muñoz presentou as propostas e accións da estratexia de Industrias Culturais e Creativas Euskadi 2017-2020, co obxectivo de analizar a súa posible aplicación de cara ao futuro en cidades galegas coma Compostela.

O actual viceconselleiro vasco da área de Cultura mantivo pola mañá unha xuntanza co alcalde, Martiño Noriega, e a concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, na que defendeu as “novas posibilidades” que permiten abrir o espectro cultural, tales como a gastronomía, a prensa ou as ferramentas dixitais.

Longa traxectoria no eido cultural

Joxean Muñoz é escritor e poeta en euskera, e tamén guionista e director de cinema de animación. Dende 2013 ocúpase da carteira de Cultura en Euskadi, dende a cal mantén unha firme defensa da súa lingua e os demais idiomas cooficiais do Estado español, considerando que o euskera ou o galego “non poden ser minorizados”.