A concelleira de mocidade, Noa Morales, presentou esta mañá en rolda de prensa a programación do Centro Xove de Creación Cultural de Almáciga correspondente ao primeiro semestre do ano. Trátase dunha iniciativa semestral, polo tanto, prolongarase ata xuño. As actividades están dirixidas a mozas e mozos de entre 16 e 35 anos.
O Concello presenta a primeira programación do "Centro Xove de Creación Cultural da Almáciga" https://t.co/mlkJumdadi @Noamsanchez pic.twitter.com/IGua0Lmpei
— Nós Televisión (@NosTelevision) 15 febreiro 2017
Realizaranse cinco actividades: escrita creativa, fusión da creatividade e arte do debuxo co proceso meditativo, taller de ilustración, expresión corporal e música. Todas son de balde e a inscrición para estas está aberta ata o venres 17 de febreiro.