Home Programas Área Compostela O Concello presenta o proxecto para reducir a emisión de gases de efecto invernadoiro

O Concello presenta o proxecto para reducir a emisión de gases de efecto invernadoiro

1
O Concello presenta o proxecto para reducir a emisión de gases de efecto invernadoiro

O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, presentou en rolda de prensa o proxecto que desenvolverá o Concello de Santiago coa finalidade de reducir a emisión de gases de efecto invernadoiro. Trátase da iniciativa “Descarboniza! Que non é pouco” que desenvolveu o Grupo de Investigación de Pedagoxía Social e Educación Ambiental da Universidade de Santiago de Compostela, en virtude do convenio de colaboración que asinou co Concello.

“O cambio climático constitúe o maior reto ambiental” Xan Duro, concelleiro de Medio ambiente

Lucía Iglesias, unha das integrantes do SEPA, sinalou a importancia de establecer medidas de actuación contra o cambio climático. Deste xeito, desde a organización do proxecto indican que se pretende organizarn a grupos de persoas dispostas a “descarbonizar” os seus estilos de vida.

Traballo nos centros socioculturais

O Grupo de Investigación de Pedagoxía Social e Educación Ambiental traballará cos tres grupos constituidos nos centros socioculturais ao longo dos tres próximos meses.