A Concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, presentou en rolda de prensa no Pazo de Raxoi un novo programa desenvolvido dende o Departamento de Comercio que ten como finalidade recoñecer a traxectoria de negocios emblemáticos da cidade.
O nome deste programa será Comercios emblemáticos.
Para esta edición serán oito os establecementos premiados. Os comercios emblemáticos deste ano foron elixidos pola Mesa Local de Comercio e a actividade vai acompañada dunha exposición no Centro Abanca Obra Social do 13 de outubro ao 4 de decembro. Ademais porase en marcha unha aplicación móbil (Desafío Comercial SCQ) que descubrirá a cara máis insólita do Santiago comercial. Estará dispoñible a partir do 10 de novembro.