O proxecto de reurbanización das rúas Castrón D´Ouro e Patio de Madres permitirá gañar espazo e mellorar a accesibilidade. O concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade, Jorge Duarte, presentou hoxe en rolda de prensa este proxecto.
“Un espazo de convivencia para a cidadanía e non só un lugar para o mero tránsito dos vehículos”
O concelleiro Jorge Duarte presentou hoxe en rolda de prensa este proxecto de reurbanización de Castrón D´Ouro https://t.co/TBHeLLsA24 pic.twitter.com/GzqPZKOl9a
— Nós Televisión (@NosTelevision) 03 maio 2017
Jorge Duarte explicou que, de xeito simultáneo a este proxecto, se está tramitando o prego para adxudicar o uso dunhas prazas de aparcamento de titularidade municipal na praza de Marcial Villamor. Serán 27 prazas para turismos e outras tres para motocicletas, que se adxudicarán á veciñanza empadroada na zona seguindo criterios de renda e de proximidade.